diumenge, 13 de maig del 2012

Coma unha luz brillando nos veráns, iluminando lonxe no tempo


Escoiteina onte na radio ... vinte e seis anos e aínda plenamente vixente, na súa denuncia surrealista. Aínda  Etiopía sigue tendo fame, e nin que doemos os nosos riles (un á merenda outro á cea)... eso si, o noso parado xa non parece tan altivo.

Hoxe non paraba de cantala pola rúa i A. non paraba de preguntar si es que había tido novas de ti: “que non...”.   Así que xa sabes, cada vez que eu canto Galicia Caníbal, A. pensa en ti.


- o -


STRAWBERRY FIELDS

Escoitando Os Resentidos
no Bar Montecarlo,
rompendo a noite no Renault 4L.
    Strawberry fields,
montes ardendo no verán.

Aínda hoxe,
cando lembro
o enterro do teu pai,
vexo a figueira que había na túa casa,
e as gafas escuras
daquel outro home
que rezaba por diñeiro.

Xa non sei, se eras ti quen xogaba ao billar
no Montecarlo,
pero recordo o Renault, o olor da herba,
Strawberry fields no cassette,
o brillo estraño dos montes ardendo.

Aínda hoxe,
gastado (gastados)
lémbrote coma un faro,
coma unha luz brillando nos veráns
iluminando lonxe no tempo
alimentado noites.


Tropismo, poderíamos dicir.



Papers de Versàlia,
Sabadell 2007.